e diel, 10 qershor 2007

plataforma por la defensa del castellano en Galicia

Teño a ideia de ironizar sobre a "plataforma de defensa del castellano en Galiza" que segondo di o xornal La voz de Galicia leva recollidas mais de 10.000 dinaturas para botar abaixo o decreto que fixaba cuotas de ensino en galego do 50%.
Mais non podo,non me sae nada.Pouco a pouco van-me saindo ideias,palabras de Jhon Berger que non sei se teñen algo que ver co que din istes insolidarios da plataforma.Digo insolidarios porqué poderia entender o seu desexo a que o galego sexa unha lingua non imposta mais o que eles non entenden é o meu desexo de que o castelan sexa unha lingua non imposta...non sei sinto tristura
Leendo a Berger atopo unha reflexión sobre o fogar(hogar)coma matriz que produce-me emocións en tanto que penso no desarraigo(son os da plataforma uns desarraigados?)coma sensación.O fogar segun o autor seria o centro do mundo xa que era o lugar onde cruzaban-se unha liña vertical e outra horizontal.A vertical iba do ceo(cielo)ao reino dos mortos e a horizontal eran os camiños que iban dun lugar da terra a outros.
Asim o fogar seria o lugar donde o home poderia estar mais perto das suas creenzas(deuses)e dos seus mortos(pasado) e tamen era o punto de encontro de todas as viaxes(entre a partida e a chegada).E isto e o que daba ao ser human a seguridade.
Mais mudaron(cambiaron)os tempos e a globalización e as migracions levaron a que a xente fose destruindo o siñificado de propio mundo e deixar-se levar po-la irrealidade do absurdo,asim imonos convertindo en naufragos(imaxinade unha pista de cohes de choque onde tudos os conductores levan os ollos vendados) ou coma dicia o Baudelaire "fantasmas errantes sin techo obstinadamente se lamentan" deixando que so a memoria e a posibilidade dun apaixoado amor romantico lle den un fantasma de fogar
Tudo isto ven a conto porqué non sei se os da plataforma non se decatan que o que verdadeiramente desexan e ser emigrantes na sua propia terra

Non sei,non sei.......non consigo rir-me,cecais porque son emigrante
Saúdos,Ramón

Nuk ka komente: