e mërkurë, 6 qershor 2007

Homenaje del Padre Ramón a Andrés do Barro

Ei carballeira!!!!
Xa saiu o disco homenaxe ao grande Andres do Barro(un pais de seu caspa de seu)


Agora ben a loita irmandiña das tribus de Suevia ten de seguir deica:

1º Se faga o traslado dos restos do difunto dende Madrid(metropoli do Imperio Hespañol) a nosa ben querida Nazon(colonia ou cecais champú,ainda non o sabemos)para ser soterrado no Panteon de Galegos Ilustres( se non houbera sitio nel que movan algún sartego dos que por alí hai e que vaian facendo sitio)

2º Que para o seu soterramento en Bonaval(lugar onde está o dito panteón)sexa acompañado polas choronas de Cangas(as mais sentidas do pais de Breogan)

3º Que se obrige aos rapaces/as as 9 da mañan cando entran nas escolas do antergo Reino de Galiza a entrar nas clases ao xeitoso ritmo do tren,namentras entoan cun xesto varil a canción O tren(baixo a consigna disimula e sigue)

4º Que se constituia e sexa patrocinada (como non!)pola conselleiria de familia do governo non soberano de Galiza a asociazon "Fillos/as do Barro" constituida polos nados entre 1969 e 1972 (en homenaxe ao maior movilizador de "masas corporais do noso pais")e que ate agora estiveron caladiños/as baixo a dictadura maoista do Gran timonel Fraga.Con duas función pimordiais

a)Restaurar a figura das Rosquilleiras nas festas " rosquillas é condons"(ninguha festa na Galiza sen Rosquilleiras nin bombas... e para orquestas...a de Lantaño)

b) Que se declare o 15 de agosto(grande dia de movilizazons de masas na nosa Nazon) como dia dos Corpiños xeitosos (A virxen do mar para as igrexas...A carballeira e nosa e non da Igrexa) e que as 22 horas os/as grandes vocalistas das nosas orquestas de pachanga se arranquen con aquelas pezas mais agarimosas do difunto do Barro,asim nametras os corpos dos mozo/as (e non tan mozos/as...que tudos conquerimos dereitos nesta longa loita contra a longa noite) intercavian fluidos e verbas xuntiño aos seus corazons e baixo as bombillas que para esa noite poñen os de FENOSA (e gratis! non vaia ser...)os rapazolos /as fillos dos fillos se xunten baixo o palco da comision de festas,coma se estivera nunha galescola, e vaian adeprendendo a educación sentimental e semental dos fillos de Breogan.
Namentras os membros da asociación van quentado aos leitos (que algo xa melloramos! e xa non temos que ir de campo) das casas a golpe de cadeira e augaardente de Portomarin (para viagra a nosa!)para que os seus descendentes vaian sementado o futuro dunha patria ceive e se queren vir tamen mestiza


Saude e baile.
Venceremos!

VISITA A SUA WEB: http://dobarrismo.com/

BUSCA O SEOS VIDEOCLIPS EN YOUTUBE: YOUTUBE+O trén_ SEARCH

HAY MUCHOS COMO ESTE:

Nuk ka komente: